martes, 26 de diciembre de 2017

Tema 6: Dossier. Método AICLE/CLIL

Entrada (dossier) sobre o tema 6 para o módulo impartido polo profesor Gonzalo Constenla.
Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo

As actividades empregadas para o tema 6 foron esencialmente dúas: un debate sobre o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, unha presentación da compañeira María sobre o método AICLE/CLIL, trala que se produciu un breve debate coa audiencia, e unha análise dun libro de texto empregando Google Docs de novo.

Debatir como ferramenta de aprendizaxe. Fonte: Pexels.com
Como xa mencionamos na entrada de diario para este tema 6, para realizar o debate sobre a política plurlingüe da Xunta de Galicia comentamos o documento resumo do Consello da Xunta celebrado o pasado 1 xuño de 2017 (pp. 20-23), no que se describen os fitos previstos para o Plan EDUlingüe. Na miña opinión, o debate foi moi frucífero porque afondou nos déficits estruturais da política lingüística autonómica e obrigounos a reflexionar sobre o papel que queremos ter como docentes de lingua estranxeira. Neste sentido, penso que foi unha mágoa que non todas as persoas aportaran a súa opinión, e quizais tería sido útil facer un debate piramidal primeiro para garantir que todo o mundo tiña a oportunidade de expresar o seu parecer ao respecto. Sen embargo, pareceume moi acertado empregar un documento resumo, elaborado habitualmente polo Gabinete de prensa correspondente, porque nel adoitan aparecer destacados aqueles elementos que resultan prioritarios para a Administración que deseña unha política en cuestión. Isto facilita o debate e a análise, especialmente cando se trata dun tema novidoso.

A presentación que se fixo na aula acerca do método AICLE tamén resultou de interese, pois presentou de xeito holístico as características fundamentais da metodoloxía e ofreceu exemplos prácticos que permitiron ver mellor as posibilidades que ofrece. Penso que foi acertado que o profesor solicitase que unha persoa do público preparara alo menos unha pregunta sobre a exposición, porque isto dáballe pé á persoa que preparara o tema a afondar en aspectos que puideran ter sido abordados superficialmente no curso da presentación. Finalmente, fíxose unha actividade de análise dun libro de texto por grupos empregando a ferramenta Google Docs, como xa se fixera para os temas anteriores, na que eu lamentablemente non participei por atoparme ausente.

En esencia, malia que a impartición deste tema 6 non incluiu tantas novidades metodolóxicas no que concerne ao desenvolvemento de actividades, penso que o formato proposto, con debates e presentacións levadas a cabo polo propio alumnado (flipped learning) permitiunos adoptar un enfoque máis reflexivo sobre os contidos, forzándonos a documentarnos e argumentar axeitadamente as nosas opinións e asumindo un rol máis activo.

    Tema 6: Diario. Metodoloxía CLIL/AICLE

    Entrada (diario) sobre o tema 6 para o módulo impartido polo profesor Gonzalo Constenla.
    Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo

    A metodoloxía AICLE foi o tema central do tema 6, no que tamén abordamos aspectos relativos á súa implantación na nosa Comunidad Autónoma e ás políticas de educación lingüística da Xunta de Galicia. No que se refire á metodoloxía AICLE ou CLIL (Content Language Integrated Learning), amplamente utilizado en países europeos con maior recorrido no ensino de linguas estranxeiras (sobre todo inglés), aprendimos que se trata dun método no que se emprega a lingua estranxeira como lingua vehicular para aprender un contido de natureza non lingüística, como por exemplo, historia ou ciencias.

    Vídeo empregado durante a sesión como introducción ao tema 6

    A diferenza entre este método e o de inmersión, que como vimos está moi extendido nas EOI españolas, é que no método de inmersión o foco está na lingua, mentres que no método AICLE o peso reside nos propios contidos, e a lingua concíbese como instrumento (e a súa aprendizaxe, como un resultado engadido). A metodoloxía AICLE bebe das fontes das teorías pedagóxicas de Vygotsky e Krashen (entre outros) e emprega a andamiaxe (scaffolding) como principio vertebrador do ensino.

    O emprego da metodoloxía AICLE en Galicia está en aumento. Comezouse a aplicar nas denominadas seccións bilingües dos centros que se acollían a estes novidosos programas de orixe europea, os cales contemplaban a impartición de alo menos un 50% dos contidos dunha materia non lingüística en inglés (no caso de Galicia). Na actualidade, estase extendendo a mais centros tras a aprobación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, que regula o uso do galego, castelán e as linguas estranxeiras no ensino de carácter non universitario. Das materias non lingüísticas, o Decreto establece que:
    • un terzo haberán de impartirse en galego
    • un terzo haberán de impartirse en castelán
    • un terzo haberán de impartirse na primeira lingua estranxeira que determine o centro
    A partir deste Decreto, floreceu un considerable número de centros plurilingües onde se imparten materias íntegramente en lingua estranxeira. As principais diferenzas co sistema de seccións bilingües precedente é que na sección bilingüe o/a docente está só/soa no seu esforzo de impartir a materia en lingua estranxeira, mentres que nos centros plurilingües o currículo lingüístico debe estar máis integrado e recíbese apoio de todo o centro. Para garantir que o profesorado ten formación suficiente na lingua estranxeira en cuestión, organízanse cursos intensivos de 70h (PIALE) e arredor dos meses de outubro/novembro, realizan unha estancia no estranxeiro dun mes.

    Como parte deste tema, consultamos o documento resumo do Consello da Xunta 1 xuño 2017 (páxinas 20-23), no que puidemos ler cál é a estratexia da Xunta de Galica (bautizada como Plan EDUlingüe). Posteriormente, mantivemos un interesante debate con todo o grupo-aula acerca deste plan e das pretensións lingüísticas da Xunta, no que se plantexaron cuestións como:
    • A perigosa hexemonía do inglés sobre outras linguas estranxeiras, e o impacto que isto tiña sobre a formación do alumnado
    • A mercantilización do ensino de linguas estranxeiras, supeditada aos intereses do mercado laboral e das empresas insertas nel
    • A relegación do profesorado de linguas estranxeiras a profesoras/es de apoio das outras materias
    • A inversión excesiva en formación de deficiente calidade para o profesorado de materias non lingüísticas, pero a baixa ou inexistente inversión en reciclaxe do profesorado de linguas estranxeiras
    • O baixo nivel de lingua estranxeira do profesorado doutras materias, e os perigos e nula utilidade que conleva que impartan unha materia nun idioma que non dominan
    • A imposición do plurilingüísmo como prioridade fronte á formación de calidade e en profundidade doutras materias, que ás veces actúa como barreira para acceder a formación de grao e de posgrao (cando non debería ser un criterio excluínte)

     Por tanto, concluímos que este suposto esforzo da Xunta probablemente non alcance os seus obxectivos habida conta das necesidades estruturais que existen e que deberían ser subsanadas antes de tratar de impoñer un sistema plurilingüe no que a infraestrutura é, polo momento, inviable na práctica.

    Tema 5: Dossier. Cómo andan as programacións didácticas vixentes?

    Entrada (dossier) sobre o tema 5 para o módulo impartido polo profesor Gonzalo Constenla.
    Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo

    Durante a sesión dedicada ao tema 5, comezamos por realizar un debate piramidal sobre os aspectos que nos parecían máis importantes nas programacións didácticas. Este formato de debate, como xa explicamos, require dun consenso para ir progresando nos diferentes chanzos que compoñen a "pirámide", polo que é realmente eficaz á hora de invitar ás persoas participantes a posicionarse a favor ou en contra dun determinado argumento. Tras unha negociación colectiva e progresiva, o conxunto do grupo-aula chegou á conclusión de que os elementos máis importantes dunha programación son:

    • Obxectivos do currículum, en conxunción cos obxectivos específicos do departamento (centro)
    • Metodoloxía
    • Temporalización
    • Atención á diversidade
    • Recursos

    A continuación, realizamos un novo cuestionario coa ferramenta Kahoot sobre o currículo da ensinanza de idiomas de réxime especial, que xa comentamos na entrada sobre o tema 4, e nesta ocasión pedíusenos contestar de xeito individual. O emprego de pseudónimos aleatorios permitiunos competir de xeito oculto, algo que o profesorado de secundaria debe ter en conta se pretende empregar este formato como un instrumento de avaliación formativa que lle permita coñecer cál e o grao de adquisición dos contidos do seu alumnado, pois o emprego de pseudónimos non permite identificar aos participantes.

    Fonte: Pexels.com
    Na seguinte parte da sesión entramos a desgranar os aspectos que compoñen unha programación. Para iso, primeiro fixemos un pequeno brainstorming para recordar elementos como as fontes dunha programación, moi semellantes ás do currículo, que xa coñecíamos da materia anterior de Deseño Curricular do módulo común do Mestrado. Posteriormente, empregando a presentación de Carlos Valcárcel como apoio, fomos analizando as partes dunha programación. En realidade, non existe unha estrutura fixa, pero a Administración ofrece unha serie de orientacións. A pesares de que hai unha diversidade de formatos en función dos centros, cada vez están máis estandarizadas, especialmente dende que a maioría das programacións están colgadas na rede nas páxinas dos centros.

    A seguinte actividade que fixemos foi asumir o papel de inspectoras de Educación e, a través do Buscador de centros da Xunta, elixir unha programación de primeira lingua estranxeira dun centro galego e analizala de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente. Como eu xa empregara a programación de Inglés do IES de Mos para un traballo anterior, propuxen esa programación porque sabía que estaba dispoñible en liña, que foi a que finalmente analizamos e comentamos nun documento de Google Drive compartido co resto da clase e do profesor da materia. A dinámica de traballo que empregamos foi abrir a programación e empregar o Capítulo V da Resolución de 2017 (a pesares de que a programación era do ano 2016) como checklist. Determinamos o seguinte:


    a) Números de páxinas non están ben
    b) Epígrafe 5 = contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Non se refire de todas as competencias clave (falta matemática e sentido iniciativa). Faltaría a concreación que recolle a relación dos estándares que forman parte dos perfís competenciais (hai un epígrafe 8 que se refire aos Estándares)
    b) Epígrafe 8: Divide os estándares do currículo por curso e destreza
    c) Obxectivos xerais: epígrafe 2, están mais elaborados que nos obxectivos xerais do currículo e están subdivididos en lingüísticos, culturais e sociais
    d) Temporalización: hai un epígrafe pero só fala da división das unidades do libro. Non se fai referencia ao estándares. Contidos mínimos: é unha repetición dos contidos, pero quitando as últimas unidades (por se non da tempo). Procedementos e intrumentos de avaliación: hai un epígrafe onde se mencionan diversos instrumentos.
    e) Está cuberto no apartado de Metodoloxía
    f) Cuberto no epígrafe 12
    g) Epígrafes 10 (avaliación) e 11 (cualificación), promoción do alumnado: aparece recollido no epígrafe 11 tras os criterios de cualificación (“Criterios xerais para acadar o aprobado” + “Proba extraordinaria de Setembro”)
    h) Cuberto no epígrafe 18 “CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN E A PROPIA PRÁCTICA DOCENTE”, pero faltan indicadores de logro concretos
    i) Non se prevén actividades de seguimento. A recuperación está recollida non epígrafe 17 CRITERIOS DE RECUPERACIÓN DO ALUMNADO COA MATERIA PENDENTE.
    j) Non aparece nada referido a este apartado, mais aló do recollido nos epígrafes sobre Contidos e Cualificacións, onde se fai mención dos contidos e criterios de cualificación para 1º e 2º de Bacharelato
    k) Dentro do epígrafe 13 de Atención á diversidade, prevese a realización de actividades de avaliación inicial para detectar o nivel de partida do alumnado e para afianzar conceptos que non estean claros. Non hai referencia a medidas individuais, só colectivas.
    l) O epígrafe 13 cubre a Atención á diversidade, pero só se fai referencia ás Necesidades específicas de apoio educativo de xeito introductorio sen propoñer medidas concretas nin adaptacións curriculares.
    m) Non hai concreción dos elementos transversais, só se mencionan no epígrafe sobre Estándares de aprendizaxe avaliables
    n) O epígrafe 16 fala sobre as ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. O único que non aparece é a temporalización destas actividades.
    ñ) O epígrafe 18. trata sobre os CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN E A PROPIA PRÁCTICA DOCENTE, pero non aparecen especificados mecanismos de revisión, de avaliación e modificación concretos.

    A "nova" escola precisa nova programación. Fonte: Pexels.com
    Tras intercambiar impresións co docente da materia, concluimos que de ter sido inspectoras de Educación probablemente teríamos devolto esta programación e solicitado que corrixiran os defectos de contido e forma atopados. Por último, tivemos ocasión de ver un exemplo de programación modelo, a do IES Eusebio da Guarda (2015-16),  á que lle faltaban algunas cousas pero que, en xeral, estaba moi completa (600 páxinas) pese a pertencer ao primeiro ano no que se solicitou a elaboración deste tipo de programacións con arreglo aos requisitos da LOMCE.

    Na seguinte sesión fixemos o mesmo tipo de análise en grupos de 3 persoas, pero desta vez para unha programación dunha EOI (no noso caso, á da Coruña). O resultado foi o seguinte:


    EOI
    Cumprimento da normativa en canto a programación
    Valoración sobre a programación
    Aspectos a mellorar
    A Coruña
    g) Os libros de texto para uso do alumnado aparecen no epígrafe de Temporalización, non no de Recursos.
    h) Aparecen recollidas estratexias de atención á diversidade que aparentan ser máis ben enfoques metodolóxicos en lugar de medidas para as necesidades específicas de apoio educativo
    k) Prevense unha serie de instrumentos para a avaliación interna do Dpto un pouco laxos
    j) Aparece incluso un MODELO DE SEGUIMENTO DA PROGRAMACIÓN mensual, moi útil

    Valoración xeral: Trátase dunha programación moi completa e ben organizada
    -Índice con páxinas numeradas e/ou hipervínculos aos epígrafes
    -Incluír os libros de texto no apartado de Recursos
    -Mellorar as estratexias de atención á diversidade e mais os instrumentos de avaliación interna

    Esta programación tamén tiña aspectos mellorables, e o docente da materia explicounos que existe un grao de flexibilidade diferente en función da Inspección de Educación que lle corresponda a cada centro, pois non todas son inspeccionadas pola mesma/o inspector/a. No tocante ao aspecto de Atención á diversidade, aprendemos que nas EOI non hai un departamento de Orientación, e por tanto, as adaptacións curriculares ás que se fai referencia no apartado da Resolución aplicable ao deseño das programacións das EOI, en realidade non se fan. Nas aulas, o profesorado procura adaptarse ás necesidades educativas do alumnado pero non hai profesorado de reforzo, nin está prevista a asistencia, por exemplo, de intérpretes de lingua de signos. Outro motivo de controversia que tamén pode relacionarse coa adaptación aos diferentes perfís de alumnado é precisamente a recomendación de impartir as aulas de lingua nas EOI íntegramente en lingua estranxeira, algo que dende o punto de vista metodolóxico tamén está cuestionado. A adaptación de facto faise realmente na realización das probas, onde sí se procura tomar medidas para garantir a accesibilidade a todo o alumnado.

    Por último, cabe destacar tamén que en relación coa nosa pregunta acerca do significado do concepto de "estándar de aprendizaxe",  tivemos ocasión de visualizar unha peza audiovisual sobre os estándares na materia de Tecnoloxía onde tamén se facía referencia a unha ferramenta moi interesante para xestionar as notas, peso, etc. por estándar (laforja). Asimesmo, descubrimos unha ferramenta incluso mellor (i-Doceo), presentada nun acertado vídeo titorial de Rosa Liarte, que ten o inconvinte de estar só dispoñible para persoas usuarias de dispositivos iOS (como o iPad).



    En xeral, podo dicir que esta foi unha sesión tremendamente útil para a consolidación de contidos e a mobilización dos coñecementos previos. Resultoume de gran axuda realizar as actividades de "inspección", posto que me permitiron determe a reflexionar sobre a organización, presentación e contidos das programacións e sobre a dificultade de cumplir con todas as esixencias de forma, así como de comprender a necesidade de anticipar todos os elementos para facer un bo exercicio de programación didáctica en coordinación co resto do Departamento e do centro.





    Actividad para PMAR (Luz y Ana)

    En esta entrada propongo una actividad específicamente diseñada para un grupo PMAR. El objetivo de la actividad sería que el alumnado desarr...