Entrada (dossier) sobre o tema 1 para o módulo impartido polo profesor Gonzalo Constenla na materia de Didáctica.
Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo
A introdución á nova materia de Didáctica das linguas deunos a oportunidade de seguir experimentando con novidosas actividades centradas na competencia comunicativa e na interacción entre o alumnado da aula. A primeira actividade que descubrimos foi a do traballo cos diagramas de Venn.
Venn Diagrams. Source: LearnAlberta
|
Son unha ferramenta moi visual que permite ir construíndo un mapa en torno a unha idea ou pregunta. No noso caso, pedíusenos facer un diagrama de círculos superpostos para tratar de representar graficamente as diferenzas (e similitudes) entre a lingua estranxeira e a lingua materna. O noso grupo en particular centrouse en analizar os aspectos que comparten e nos que se diferenzan a didáctica da lingua estranxeira e a das primeiras linguas, cun debate engadido sobre o que poderiamos considerar como "lingua materna".
Diagrama de Venn. Diferenzas E/A lingua estranxeira persoas cativas e adultas |
Na miña opinión, o diagrama de Venn é unha ferramenta fantástica para poder traballar ao tempo as destrezas orais e escritas, favorecendo tamén a construcción do discurso dentro dun grupo. Máis adiante, tamén realizamos outra actividade empregando este formato, o que me permitiu confirmar a súa utilidade. Nesa ocasión, empregámolo para falar das diferenzas na aprendizaxe das linguas entre persoas cativas e “adultos” (maiores de 11 anos).
Planilla de Placemant para 4 participantes |
A segunda actividade coa que traballamos foi unha Placemat activity. Trátase dun tipo de actividade que permite, por exemplo, xerar debates, xa que permite realizar unha reflexión individual que pode ampliarse de xeito progresivo ata ir englobando as opicións do resto do grupo. Isto resulta especiamente útil cando queremos asegurar a participación de todos os membros dun grupo, e penso que pode ser moi útil á hora de traballar as habilidades comunicativas de negociación e intercambio de opinións, semellante ao que acontece co debate en pirámide.
No exemplo empregado na aula, a clase dividiuse en varios grupos de 3-4 persoas e cada grupo debía responder a unha pregunta (primeiro de xeito individual e despois como grupo).
Placemat Activity. Comentario de casos. |
As nosas preguntas foron: 1) Na UE fálanse máis de 40 linguas
distintas: fálanse todas no Parlamento Europeo? Non. Na UE por principio democrático
pódese falar nas 24 linguas oficiais, mais para algúns casos, como o do
gaélico, é preciso facelo previa petición. Isto é así nas sesións que se levan
a cabo no Plenario, pero no caso das comisións específicas a política
lingüística cambia. Fonte:
http://www.europarl.europa.eu/news/en/press-room/faq/9/how-many-languages-are-used-in-parliament
Os compañeiras/os responderon ás súas preguntas coa seguinte información:
- Na Comisión Europea hai 3 linguas de traballo (inglés, francés, alemán), co predominio do inglés
- Inditex: clientes en lingua do país, enlace coa central en Arteixo: en lingua estranxeira inglés ou para tendas en España/Galicia, español/galego.
- Citroën: predominio do francés
A segunda pregunta coa que traballamos foi 2) Pedro é de A Coruña e traballa no centro comercial Marineda. Aprendeu a falar en castelán. Que fará cun cliente que lle fale en
galego? E con un que lle fale en inglés? É o mesmo tipo de actitude
lingüística? Tras contestar de xeito individual, concluímos en grupo que, no primeiro caso, Pedro responderá en
galego ou castelán en función da súa sensibilidade lingüística. No segundo
caso, probablemente lle atenda en inglés (ou o intente). A conclusión é que
seguramente terá máis flexibilidade no segundo caso, pero só por tratarse do
inglés, probablemente non ocorriría o mesmo con outra lingua estranxeira
(portugués, italiano, alemán, francés, etc.). Os compañeiros/as, pola súa banda, abordaron as seguintes temáticas:
- Materias secundaria: impartiríanse en galego se a normativa o di
- Grupo Erasmus de 5 países teñen que decidir onde tomar a primeira copa: farano en inglés
- Grupo de empresas internacional: falarán en inglés básico. Ou francés en función do idioma.
A terceira actividade que levamos a cabo foi un debate en pirámide, que xa coñecíamos da materia anterior e que xa comentamos nas entradas pertinentes, sobre o repertorio
lingüístico da clase. Comezamos a reflexionar a partir do repertorio individual, sumando o da nosa parella, e así ata chegar a todo o grupo. Por exemplo:
• Doris:
español de España, inglés Reino Unido e Estados Unidos e India, gallego,
francés (B2)
• Emma:
español de España, inglés de Reino Unido e Estados Unidos, gallego (celga 1),
alemán (A2)
Finalmente, compilamos toda a información nunha táboa en Google Drive que nos permitiu crear o repertorio lingüístico completo do Grupo 1 do Mestrado.
LINGUAS
|
VARIEDADES XEOGRÁFICAS
|
VARIEDADES SOCIAIS (SEXO,
IDADE, CLASE SOCIAL, PROFESIÓN...)
|
español (C2)
|
de España (norte: Galicia y
Asturias, sur: Extremadura y Andalucía; madrileño)
|
pesca, automoción, jurídico,
lenguaje inclusivo
|
inglés (C2)
|
de Sur de Inglaterra, Gales,
Escocia, Australia, India, Estados Unidos
|
pesca, automoción, jurídico
|
galego (C2)
|
occidental, central e
oriental + seseo + gheada
ría de muros e noia +
Eo-naviega, ourensano (manzaneda), coruño, vigués
|
|
catalán (A2)
|
||
francés (B2)
|
de Francia, Suiza y Canadá
|
automoción
|
alemán (A2)
|
de Alemania, austríaco
(steiermark, viena)
|
|
portugués (C1)
|
de Portugal
|
|
italiano (A2)
|
napolitano e siciliano,
calabrés
|
|
vocabulario básico en
Indonesio
|
||
Hindi
|
||
bable
|
||
lengua de signos española
|
||
Barallete
|
lenguaje de los canteros
|
|
chino
|
||
valenciano
|
|
|
A última actividade que realizamos foi un traballo por equipos no que falamos das diferentes metodoloxías didácticas e a súa idoneidade segundo o contexto de aprendizaxe. O resultado do noso grupo foi o seguinte:
CONTEXTO APRENDIZAXE
|
QUE METODOLOXÍA SE DEBE USAR?
|
QUE METODOLOXÍA SE PODE USAR?
|
1. Escola
Oficial de Idiomas
|
Didáctica da lingua estranxeira
Didáctica lingua inicial (galego)
|
· Segunda lingua
· OLE (old)
· CALL (blended [That’s English] & flipped)
|
2. Asociación de Mulleres Viúvas
|
OLE
Didáctica da
lingua estranxeira
|
·
· Fins específicos
|
3. Ciclo Superior de Axencia de Viaxes
|
Linguas estranxeiras para
fins específicos
|
AICLE
CALL (Blended, Flipped,
Full-online)
|
4. Materia de ciencias en 4ª da ESO dun centro plurilingüe
|
AICLE
|
CALL (Blended, Flipped)
|
5. Nunha aula de 1º de primaria.
|
Aprendizaxe precoz das
linguas estranxeiras-YLE
|
Lingua estranxeira
AICLE
|
6. Nunha escola británica/francesa/alemana en Madrid dependente do
Ministerio de Asuntos Exteriores dese país
|
AICLE
|
Didáctica da lingua inicial
Segunda lingua
CALL (Blended, Flipped)
YLE (young)
|
7. Na UNED
|
CALL (Blended)
|
CALL (Full-online)
|
8. Nun país
africano de lingua oficial inglesa/francesa
|
Didáctica da lingua inicial
|
YLE
OLE
|
Esta actividade tamén foi moi interesante, posto que salvo nos casos máis evidentes, cada grupo (e incluso cada membro) tiña unha forma diferente de ver a aplicación de cada metodoloxía en función do contexto de aprendizaxe. A posta en común serviunos para aclarar cuestións como a metodoloxía empregada en cada caso, os seus usos habituais e usos potenciais (menos habituais) e a súa idoneidade en función da idade e do propósito da aprendizaxe da lingua estranxeira.
Podo concluír que estas primeiras sesións introductorias foron certamente útiles para consolidar o aprendido e aboar o terreo para unha achega máis práctica á didáctica das linguas estranxeiras, que é a que actualmente nos están a proporcionar as profesoras Ana e Luz. Non obstante, este éxito débese tamén, alo menos en parte, á participación activa das compañeiras e compañeiros do mestrado, quenes coas súas contribucións e ideas, fan que as actividades plantexadas sexan realmente fructíferas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario