Entrada 3 para o módulo do profesor Eduardo Varela.
Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo
Data: 01/12/2017
A educación non ten mudado moito nos últimos dous séculos, para desgraza do alumnado e tamén dos docentes. A concepción da escola tradicional do século XIX mantívose até ben tarde no século XX e todavía continúa a ter un protagonismo excesivo, habida conta dos interesantes desenvolvementos pedagóxicos que se produciron ao longo do século XX co florecemento das correntes construtivistas e socioconstrutivistas no ámbito da psicoloxía da educación.
Unha das novas apostas pedagóxicas que xurdiu no século XX e que viu a revolucionar a ensinanza é a aprendizaxe baseada en proxectos; é dicir, o emprego de proxectos a medio ou longo prazo como estruturas nas que insertar e traballar os contidos do currículo educativo, que á súa vez nos permite incorporar a aprendizaxe por compentecias. Como ben explican Arias et al. (2009:13), un dos fitos para a aprendizaxe por proxectos no sistema español foi a incoporación das competencias básicas da LOE, que se viu reforzada pola posterior LOMCE na súa aposta polas competencias como indicador principal de logro de aprendizaxe. As vantaxes que ofrece o traballo por proxectos son múltiples, pero destacan o feito de que se traballa sobre un tema que resulte de interés para o alumnado por pertencer ao seu entorno máis inmediato, que permite reforzar a cooperación e o traballo individual de xeito complementario, que inserta a variable da utilidade no proceso de ensinanza/aprendizaxe e que pon ao alumnado no centro da experiencia educativa, outorgándolle un protagonismo que estimula a responsabilidade, a cooperación e a solidariedade, permitíndolle ademáis analizar temas cunha profundidade que de xeito individual non poderían ser acadada. Algunhas destas vantaxes principais desta metodoloxía didáctica veñen recollidas no seguinte cuadro:
Tomando como exemplo unha aula de 4º de E.S.O. dun instituto dunha zona semi-rural, no que se empregara o libro Voices 4 (McMillan), o proxecto podería organizarse de xeito paralelo ás unidades didácticas previstas no libro. Así, teríamos por exemplo para o primeiro trimestre, a seguinte proposta:
1. Actividade inicial: Creación do portal informativo dixital e creación dos primeiros contidos. En equipos de traballo de aproximadamente 5 persoas, haberá que completar as seguintes tarefas:
- Creación do portal (coa axuda da profesora), empregando por exemplo as ferramentas ofrecidas por Wordpress, coas seguintes seccións: About, What is cancer? > Types of cancer and symptoms, How does cancer work?, What are the current treatments for cancer?, How can we prevent cancer?, Glossary
- Documentación e creación de contidos en inglés (nivel B1) para cada unha das seccións (extensión máxima por sección de 500 palabras), excepto as seccións de About e Glossary, que se desenvolverán en conxunto e en paralelo ao desenvolvemento das outras seccións.
2. Actividade transversal á Unit 1 "Fashion victims?". Algúns dos obxectivos didácticos desta Unidade son:
- To review and contrast the concepts and formation of the present simple and the present continuous.
- To review and practice the relative pronouns who, which and where
- To meet and practise vocabulary related to materials and patterns
- To talk about the working life of people in the clothing industry
- To practise expressions of opinion
Integraríamos todos estes obxectivos nunha actividade que tivera por obxecto debatir sobre a exposición a substancias canceríxenas na industria textil e cómo isto pode afectar á calidade de vida das persoas que producen a roupa que usamos. Para iso:
FONTES:
- A profesora facilitaría a cada grupo de 5 persoas unha noticia ou texto de nivel axeitado (B1) que fale sobre o emprego de substancias carcinóxenas na industria textil, sobre as consecuencias na saúde de persoas que traballan na industria textil ou sobre os seguros médicos que teñen as persoas que traballan na industria textil que emprega este tipo de substancias. O alumnado tería que ler primeiro a información.
- Coa axuda dunha prenda de roupa ou metro de costureira que se empregaría como "prenda" para outorgar o turno de fala, faríanse dúas rondas nas que cada membro do grupo deberá expresar a súa opinión sobre: o emprego destas substancias na industria téxtil, cómo habería que compensar ás persoas que traballan nestas fábricas, e qué responsabilidades temos como compradores desa roupa.
- Finalmente, faríase un brainstorming guiado pola profesora para recoller todas as ideas e plasmalas nun documento, empregando por exemplo a ferramenta Glogster, que se insertaría despois no portal informativo.
A avaliación destas actividades podería facerse empregando diferentes instrumentos, mais un dos instrumentos máis recomendados adoita ser a rúbrica. Dado que habería varios aspectos que valorar, propoñemos unha avaliación empregando rúbricas dos seguintes aspectos:
- Avaliación dos textos producidos, empregando unha rúbrica de expresión escrita para o conxunto de cada grupo. Exemplo
- Avaliación da contribución ao traballo colaborativo, empregando unha rúbrica de traballo colaborativo. Exemplo (p.10)
- Avaliación das intervencións no debate sobre a industra téxtil, empregando unha rúbrica de de expresión oral (neste caso, só poderían avaliarse 2 grupos máximo xa que a actividade desenvolverase en paralelo entre todos os grupos). Exemplo (p.15)
FONTES:
- Arias, A.; Arias, D.; Navaza, M.V. e Rial, M.D. (2009) O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. Dispoñible en: https://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf (Última consulta: 01.12.17)
- Fanjul, S. (2017) Así es el aprendizaje por proyectos que revoluciona las escuelas. El País. Dispoñible en: https://elpais.com/economia/2017/03/12/actualidad/1489333447_073406.html (Última consulta: 01.12.17)
- Lacueva, A. (2006) La enseñanza por proyectos: ¿mito o reto?, en Antología. Primer Taller de Actualización sobre los Programas de Estudio 2006. Secretaría de Educación Pública: México D.F. Dispoñible en: http://formacion.sigeyucatan.gob.mx/formacion/materiales/4/2/d2/p1/3.%20Ciencias.%20Antologia.%20primer%20taller%20sobre%20%20PROGRAMAS%20DE%20ESTUDIO2006.pdf#page=15 (Última consulta: 01.12.17)
- Tippelt, R. e Lindemann, H. (2001) El método de proyectos. Ministerio de Educación de El Salvador. Dispoñible en: http://cmapspublic.ihmc.us/rid=1KFJWWJ3B-11D27DY-1P5D/metodo%20proyectos.pdf (Última consulta: 01.12.17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario