jueves, 21 de diciembre de 2017

Tema 4: Diario. O deseño curricular

Entrada (diario) sobre o tema 4 para o módulo impartido polo profesor Gonzalo Constenla.
Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo

O tema 4 da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional centrouse en explicar os diferentes aspectos que interveñen no deseño curricular no contexto educativo español e galego. Malia que xa tiveramos unha introducción ao deseño curricular na materia de mesmo nome do módulo común do Mestrado, resultounos de gran utilidade volver a afondar nos elementos que determinan a diferentes niveis do deseño curricular final, especialmente nas competencias de cada institución ou estamento.

Comezamos por definir o currículum como a "regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas", facendo especial énfase na aprendizaxe: até hai poucos anos, o currículo centrábase únicamente en determina cómo e qué había que ensinar, mentres que agora céntrase tamén en cómo e qué hai que aprender, poñendo un novo énfase no alumnado e no seu protagonismo no proceso de ensino-aprendizaxe. De aí pasamos a abordar os elementos que compoñen o currículum, a saber:
  • Obxectivos (por etapa e por ensinanza). Reflexionamos sobre as dificultades engadidas que teñen os e as docentes galegas de linguas estranxeiras á hora de concretar o currículo, posto que no Decreto galego do currículo non se especifican cáles son os obxectivos didácticos da lingua estranxeira, senón que se limita a enunciar os obxectivos xerais tanto da educación secundaria como de Bacharelato.
  • As competencias. O currículo, xa dende a LOE pero moi especialmente dende a implantación da LOMCE, establece unha aprendizaxe baseada en competencias. Esta novidade pretende converxer coas novas correntes do ensino a nivel europeo e plantexa importantes retos á función docente, posto que as pedagoxías aplicadas ata o momento no sistema educativo español estaban moi centradas nos modelos tradicionais de ensino e nun enfoque baseado en contidos. As competencias principais que hai que incorporar á docencia e que están recollidas no currículo son as sete competencias básicas herdadas do informe DeSeCo da OCDE, que han de integrarse tamén no ensino de linguas estranxeiras. Estas competencias son:
    • Competencia dixital
    • Competencias sociais e cívicas
    • Competencia aprender a aprender
    • Competencia espírito emprendedor e iniciativa
    • Competencia conciencia e expresións culturais
    • Competencia en comunicación lingüística
    • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (derivada do concepto anglosaxón STEM = Science, Technology, Engineering, Math). Sorprendentemente, estas dúas últimas competencias son as que o currículo prevé que han de traballarse con maior dedicación no contexto da materia de lingua estranxeira, pois está probada a estreita relación de carácter sinérxico que existe entre ambas. Neste sentido, comentouse a experiencia de éxito dun colexio sito na Fonsagrada onde o alumnado sacaba malas notas na materia de matemáticas porque non comprendían ben os enunciados dos exercicios. Coa fin de solventar este problema, o centro levou a cabo un plan de integración entre os Departamentos de Ciencias, Matemáticas e Linguas para reforzar a competencia lingúística e, ao cabo de catro anos, os resultados foron estupendos, logrando reforzar ambas as dúas competencias e incrementando o rendemento académico global do alumnado. Isto en ningún caso significa que as demais competencias non deban traballarse, ao contrario; danse máis ben por sentando.
  • Os contidos
  • As metodoloxías didácticas (e os recursos)
  • Os estándares de aprendizaxe avaliables
  • Criterios de avaliación
Despois de abordar os elementos básicos do deseño curricular, pasamos a comentar os diferentes niveis de concreción curricular para ESO e Bacharelato, que non son outra cousa máis que os diferentes pasos mediante os que o deseño curricular vai tomando forma e se vai concretando en contidos e obxectivos específicos. En esencia, hai tres niveis mais un cuarto nivel adicional, segundo algúns autores/as:
    • Primeiro nivel: o Goberno do Estado (mediante leis orgánicas, reais decretos), o Ministerio de Educación (mediante decretos, ordes, resolucións, disposicións) e o Goberno Autónomo (mediante decretos, ordes, resolucións, disposicións)
    • Segundo nivel: os centros docentes (mediante os proxectos educativos e as programacións)
    • Terceiro nivel: as/os docentes das materias, con arreglo ao establecido nos niveis superiores (mediante as unidades didácticas)
    • (Cuarto nivel): a que fan os docentes cando existen necesidades especiais de apoio educativo (NEAE) (mediante adaptacións curriculares ordinarias ou extraordinarias)
A continuación, pasamos a falar do papel das linguas estranxeiras dentro do currículo de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Réxime Especial (EOI). No caso das EOI reparamos no cambio na clasificación dos niveis básico, intermedio e avanzado na LOMCE respecto da LOE, que sigue estando vixente.

A conclusión xeral á que chegamos foi que o número de horas dispoñibles son insfucientes para acadar os ambiciosos obxectivos do/s currículum/s para as linguas estranxeiras, un problema que é común á maioría das materias. A isto engádese a dificultade de replantexar a docencia dende un enfoque baseado en competencias incorporando os extensos contidos do currículum, onde a miúdo o deseño curricular fracasa á hora de conseguir un equilibrio entre o que queremos impartir e cómo o impartimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividad para PMAR (Luz y Ana)

En esta entrada propongo una actividad específicamente diseñada para un grupo PMAR. El objetivo de la actividad sería que el alumnado desarr...