Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo
A dinámica elixida para desenvolver o tema 4 sobre o deseño curricular no contexto do sistema educativo español e galego comprendeu a realización catro actividades prácticas que serviron de contrapunto para as explicacións teóricas.
A primeira actividade consistiu na realización dun debate en forma de pirámide ou debate piramidal, polo cal en grupos de número ascendente (no noso caso, parellas, grupos de 4, grupos de 8 e todo o grupo-aula) tivemos que chegar a un consenso respecto do tema que nos parecera máis importante daqueles contidos no temario desta materia, que pode consultarse na correspondente guía docente. Con grandes dificultades para chegar a un acordo, no grupo de 8 chegamos á conclusión que o tema de maior utilidade para nós como futuras docentes é o referido ás metodoloxías de ensino de linguas estranxeiras, posto que como explicamos na correspondente entrada de Diario para o tema 4, existe un importante nivel de esixencia en canto aos contidos e aos enfoques pedagóxicos que han de aplicarse pero queda á discreción do profesorado conxugar ambos para aplicar unha metodoloxía que cumpla con todas as expectativas. Ao ser nós alumnas e alumnos formados a través de metodoloxías máis tradicionais, non contamos con referencias destes novos enfoques e carecemos dos instrumentos e coñecementos necesarios para poder introducir as innovacións requeridas, razón pola cal pensamos que o tema sobre metodoloxías sera-nos de gran utilidade.
A segunda e cuarta actividades que realizamos dentro do tema 4 foron sendos cuestionarios empregando a aplicación Kahoot, que tiñamos que ter instalada previamente nos nosos dispositivos móbiles. A actividade estaba plantexada de tal xeito que todo o alumnado tiña que responder (primeiro en grupo e depois individualmente) nun tempo determinado a un cuestionario que aparecía proxectado na pantalla da aula. Os resultados ían aparecendo na pantalla en tempo real e o profesor ía dando información acerca das respostas correctas. Penso que ambas as dúas actividades cumpliron co seu propósito de consolidar os conceptos esenciais abordados nas explicacións teóricas aínda que, persoalmente e malia ter alcanzado a segunda posición no segundo exercicio, resultoume un chisco agobiante ter un tempo tan limitado para meditar as respostas, pois o tempo consumido influía negativamente na puntuación obtida. Tomei nota desta circunstancia para a miña propia práctica docente pois, malia ser unha ferramenta interesante e interactiva que ademais permite traballar as catro destrezas básicas de lingua, penso que pode xerar un clima de excesiva competitividade onde saian favorecidas/os aqueles alumnos que sexan máis rápidos e non necesariamente os/as que saiban máis (especialmente se hai que considerar necesidades especiais de aprendizaxe na aula), puidendo comprometer o obxectivo consolidador da actividade en sí mesma. Asimesmo, é preciso considerar que a súa utilización nunha aula de educación secundaria poder levar aparellada algunha dificultade se se opta polo emprego do teléfono móbil, dependendo da normativa do centro respecto do uso destes terminais e do grao de responsabilidade que o alumnado asuma á hora de utilizalos.
A terceira actividade que se levou a cabo foi unha búsqueda de información por grupos sobre diferentes aspectos que tiñan que ver co papel das linguas estranxeiras na LOMCE, que tiñamos que incorporar a un documento compartido no Google Drive. O bo desta dinámica de traballo é que nos permitiu recibir feedback por parte do profesor a medida que íamos introducindo información no documento compartido, optimizando polo tanto a nosa búsqueda e refinando os resultados para harmonizalos cos dos outros grupos participantes. No noso grupo traballamos sobre o epígrafe 5.1. AS LINGUAS ESTRANXEIRAS DA ESO NOS PRINCIPIOS E OBXECTIVOS XERAIS DA LOMCE, para o que atopamos a seguinte información:
a) Obxectivos xerais (no artigo 10 do Decreto galego que recolle os obxectivos da educación secundaria obrigatoria): Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. Como grupo, consideramos que este obxectivo xeral é demasiado ambicioso tendo en conta que o nivel mínimo de lingua estranxeira previsto para o alumnado que remate a E.S.O. é equivalente ao A2 do MCERL.
b) Principios metodolóxicos xerais (no artigo 11 do Decreto galego que recolle os principios metodolóxicos):
En definitiva, penso que as catro actividades contribuíron de xeito moi positivo a aclarar pequenas dúbidas e matices do temario nas que a priori non reparáramos, e introduciron un ritmo e dinamismo ás aulas que foi moi agradecido por todo o alumnado dada a inusual duración das sesións deste seminario.
A dinámica elixida para desenvolver o tema 4 sobre o deseño curricular no contexto do sistema educativo español e galego comprendeu a realización catro actividades prácticas que serviron de contrapunto para as explicacións teóricas.
Pirámide do Museo do Louvre en París. Fonte: Pexels.com |
Imaxe etiquetada para utilización non comercial. Fonte: flickr.com |
A terceira actividade que se levou a cabo foi unha búsqueda de información por grupos sobre diferentes aspectos que tiñan que ver co papel das linguas estranxeiras na LOMCE, que tiñamos que incorporar a un documento compartido no Google Drive. O bo desta dinámica de traballo é que nos permitiu recibir feedback por parte do profesor a medida que íamos introducindo información no documento compartido, optimizando polo tanto a nosa búsqueda e refinando os resultados para harmonizalos cos dos outros grupos participantes. No noso grupo traballamos sobre o epígrafe 5.1. AS LINGUAS ESTRANXEIRAS DA ESO NOS PRINCIPIOS E OBXECTIVOS XERAIS DA LOMCE, para o que atopamos a seguinte información:
a) Obxectivos xerais (no artigo 10 do Decreto galego que recolle os obxectivos da educación secundaria obrigatoria): Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. Como grupo, consideramos que este obxectivo xeral é demasiado ambicioso tendo en conta que o nivel mínimo de lingua estranxeira previsto para o alumnado que remate a E.S.O. é equivalente ao A2 do MCERL.
b) Principios metodolóxicos xerais (no artigo 11 do Decreto galego que recolle os principios metodolóxicos):
- A metodoloxía didáctica neste etapa será nomeadamente activa e participativa, favorecendo o traballo individual e o cooperativo do alumnado
- Procurarase o traballo en equipo do profesorado co obxecto de proporcionar un enfoque multidisciplinar do proceso educativo
- No proxecto educativo e nas programacións didácticas fixaranse as estratexias que desenvolverá o profesorado para alcanzar os estándares de aprendizaxe avaliables previstos en cada materia e, de ser o caso, en cada ámbito, así como a adquisición das competencias.
- A intervención educativa debe ter en conta como principio a diversidade do alumnado
- Prestarase unha atención especial á adquisición e ao desenvolvemento das competencias, e fomentarase a correcta expresión oral e escrita, e o uso das matemáticas.
- Coa finalidade de promover a comprensión de lectura e de uso da información, dedicarase un tempo á lectura na práctica docente de todas as materias.
- Promoverase a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula.
- Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas. Para isto, aproveitaranse as posibilidades que ofrecen as metodoloxías de proxectos, entre outras.
- Os centros docentes impartirán de xeito integrado o currículo de todas as linguas da súa oferta educativa, co fin de favorecer que todos os coñecementos e as experiencias lingüísticas do alumnado contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comunicativa plurilingüe. No proxecto lingüístico do centro concretaranse as medidas tomadas para a impartición do currículo integrado das linguas. Estas medidas incluirán, polo menos, acordos sobre criterios metodolóxicos básicos de actuación en todas as linguas, acordos sobre a terminoloxía que se vaia empregar, e o tratamento que se lles dará aos contidos, aos criterios de avaliación e aos estándares de aprendizaxe similares en cada materia lingüística, de xeito que se evite a repetición dos aspectos comúns á aprendizaxe de calquera lingua.
En definitiva, penso que as catro actividades contribuíron de xeito moi positivo a aclarar pequenas dúbidas e matices do temario nas que a priori non reparáramos, e introduciron un ritmo e dinamismo ás aulas que foi moi agradecido por todo o alumnado dada a inusual duración das sesións deste seminario.
Moitas grazas pola túa publicación Lola, resultoume moi interesante e completa.
ResponderEliminarChamoume a atención a túa valoración da actividade realizada co Kahoot. De seres posible no centro o emprego do móbil por un tempo limitado, non cres que permitirlles o seu uso (neste caso con fins pedagóxicos) podería ser algo innovador e que axudase a reducir a ansiedade que poden presentar pola prohibición do uso do dispositivo? No tocante ás desigualdades que poidese haber na aula, penso que podería deixarse claro dende o inicio que é unha actividade para consolidar conceptos e que os equipos/parellas poden ser anónimos, dese xeito non se verían "expostos" ao "fracaso" en caso de non gañar. Sería interesante deixar claro que o obxectivo, en calquera caso, é aprender, e iso en si, xa implica gañar.
Un saúdo e grazas de novo!
Ola Natalia, grazas polo teu comentario! Eu non son moi partidaria de empregar o teléfono móbil nas aulas de secundaria porque existen moitos problemas graves asociados ao seu uso contra os que é difícil combater sen educación (sexting, bullying, gravación do profesorado, etc.). Non estou en contra do seu uso con fins pedagóxicos en absoluto, pero penso que se únicamente se lles permite utilizalo para as actividades de aula, non se acada esa fin de rebaixar a ansiedade que comentas. Por outra banda, penso que o móbil é unha fonte moi importante de distracción e, na miña opinión, non lle facemos ningún favor ao alumnado desas idades permitíndolles mesturar ocio e escola, pois xa estamos a ver enormes problemas de concentración, adiccións, etc. relacionadas co malos usos dos móbiles, xa dende idades moi temperás. Por outra banda, téñome atopado co problema de toparnos con alumnado que non ten dispositivos electrónicos (xa a nivel de universidade, incluso portátiles) e penso que antes de facer unha actividade desta natureza debemos cerciorarnos de que todas e todos teñen acceso a un dispositivo móbil, pois de non ser o caso estaríamos expoñéndoos.
ResponderEliminarNo que atinxe á noción de competencia/fracaso empregando unha ferramenta como Kahoot, soamente penso que debemos planificar moi ben cómo insertamos unha actividade deste tipo, con qué fin, en consonancia con qué outras actividades, etc. A miña reflexión estaba máis encamiñada a facer unha previsión dos problemas potenciais que poden xorder para anticiparnos a eles e neutralizalos en orixe, sempre a favor do noso alumnado. Un saúdo!