Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo
- Obxectivos do currículum, en conxunción cos obxectivos específicos do departamento (centro)
- Metodoloxía
- Temporalización
- Atención á diversidade
- Recursos
A continuación, realizamos un novo cuestionario coa ferramenta Kahoot sobre o currículo da ensinanza de idiomas de réxime especial, que xa comentamos na entrada sobre o tema 4, e nesta ocasión pedíusenos contestar de xeito individual. O emprego de pseudónimos aleatorios permitiunos competir de xeito oculto, algo que o profesorado de secundaria debe ter en conta se pretende empregar este formato como un instrumento de avaliación formativa que lle permita coñecer cál e o grao de adquisición dos contidos do seu alumnado, pois o emprego de pseudónimos non permite identificar aos participantes.
Fonte: Pexels.com |
A seguinte actividade que fixemos foi asumir o papel de inspectoras de Educación e, a través do Buscador de centros da Xunta, elixir unha programación de primeira lingua estranxeira dun centro galego e analizala de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente. Como eu xa empregara a programación de Inglés do IES de Mos para un traballo anterior, propuxen esa programación porque sabía que estaba dispoñible en liña, que foi a que finalmente analizamos e comentamos nun documento de Google Drive compartido co resto da clase e do profesor da materia. A dinámica de traballo que empregamos foi abrir a programación e empregar o Capítulo V da Resolución de 2017 (a pesares de que a programación era do ano 2016) como checklist. Determinamos o seguinte:
a)
Números de páxinas non están ben
b)
Epígrafe 5 = contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Non se
refire de todas as competencias clave (falta matemática e sentido iniciativa).
Faltaría a concreación que recolle a relación dos estándares que forman parte
dos perfís competenciais (hai un epígrafe 8 que se refire aos Estándares)
b)
Epígrafe 8: Divide os estándares do currículo por curso e destreza
c)
Obxectivos xerais: epígrafe 2, están mais elaborados que nos obxectivos xerais
do currículo e están subdivididos en lingüísticos, culturais e sociais
d)
Temporalización: hai un epígrafe pero só fala da división das unidades do
libro. Non se fai referencia ao estándares. Contidos mínimos: é unha repetición
dos contidos, pero quitando as últimas unidades (por se non da tempo).
Procedementos e intrumentos de avaliación: hai un epígrafe onde se mencionan
diversos instrumentos.
e)
Está cuberto no apartado de Metodoloxía
f)
Cuberto no epígrafe 12
g)
Epígrafes 10 (avaliación) e 11 (cualificación), promoción do alumnado: aparece
recollido no epígrafe 11 tras os criterios de cualificación (“Criterios xerais
para acadar o aprobado” + “Proba extraordinaria de Setembro”)
h)
Cuberto no epígrafe 18 “CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN E A PROPIA
PRÁCTICA DOCENTE”, pero faltan indicadores de logro concretos
i)
Non se prevén actividades de seguimento. A recuperación está recollida non
epígrafe 17 CRITERIOS DE RECUPERACIÓN DO ALUMNADO COA MATERIA PENDENTE.
j)
Non aparece nada referido a este apartado, mais aló do recollido nos epígrafes
sobre Contidos e Cualificacións, onde se fai mención dos contidos e criterios
de cualificación para 1º e 2º de Bacharelato
k)
Dentro do epígrafe 13 de Atención á diversidade, prevese a realización de
actividades de avaliación inicial para detectar o nivel de partida do alumnado
e para afianzar conceptos que non estean claros. Non hai referencia a medidas
individuais, só colectivas.
l)
O epígrafe 13 cubre a Atención á diversidade, pero só se fai referencia ás
Necesidades específicas de apoio educativo de xeito introductorio sen propoñer
medidas concretas nin adaptacións curriculares.
m)
Non hai concreción dos elementos transversais, só se mencionan no epígrafe
sobre Estándares de aprendizaxe avaliables
n)
O epígrafe 16 fala sobre as ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. O
único que non aparece é a temporalización destas actividades.
ñ)
O epígrafe 18. trata sobre os CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN E A PROPIA
PRÁCTICA DOCENTE, pero non aparecen especificados mecanismos de revisión, de
avaliación e modificación concretos.
A "nova" escola precisa nova programación. Fonte: Pexels.com |
Tras intercambiar impresións co docente da materia, concluimos que de ter sido inspectoras de Educación probablemente teríamos devolto esta programación e solicitado que corrixiran os defectos de contido e forma atopados. Por último, tivemos ocasión de ver un exemplo de programación modelo, a do IES Eusebio da
Guarda (2015-16), á que lle faltaban algunas cousas pero que, en xeral, estaba moi completa (600
páxinas) pese a pertencer ao primeiro ano no que se solicitou a elaboración deste tipo de programacións con arreglo aos requisitos da LOMCE.
Na seguinte sesión fixemos o mesmo tipo de análise en grupos de 3 persoas, pero desta vez para unha programación dunha EOI (no noso caso, á da Coruña). O resultado foi o seguinte:
Na seguinte sesión fixemos o mesmo tipo de análise en grupos de 3 persoas, pero desta vez para unha programación dunha EOI (no noso caso, á da Coruña). O resultado foi o seguinte:
EOI
|
Cumprimento da
normativa en canto a programación
|
Valoración sobre a
programación
|
Aspectos a mellorar
|
A Coruña
|
g) Os libros de texto
para uso do alumnado aparecen no epígrafe de Temporalización, non no de
Recursos.
h) Aparecen recollidas
estratexias de atención á diversidade que aparentan ser máis ben enfoques
metodolóxicos en lugar de medidas para as necesidades específicas de apoio
educativo
k) Prevense unha serie
de instrumentos para a avaliación interna do Dpto un pouco laxos
|
j) Aparece incluso un
MODELO DE SEGUIMENTO DA PROGRAMACIÓN mensual, moi útil
Valoración xeral:
Trátase dunha programación moi completa e ben organizada
|
-Índice con páxinas
numeradas e/ou hipervínculos aos epígrafes
-Incluír os libros de
texto no apartado de Recursos
-Mellorar as
estratexias de atención á diversidade e mais os instrumentos de avaliación
interna
|
Esta programación tamén tiña aspectos mellorables, e o docente da materia explicounos que existe un grao de flexibilidade diferente en función da Inspección de Educación que lle corresponda a cada centro, pois non todas son inspeccionadas pola mesma/o inspector/a. No tocante ao aspecto de Atención á diversidade, aprendemos que nas EOI non hai un departamento de Orientación, e
por tanto, as adaptacións curriculares ás que se fai referencia no apartado da Resolución aplicable ao deseño das programacións das EOI, en realidade non se fan. Nas aulas, o profesorado procura adaptarse ás necesidades educativas do alumnado pero non hai
profesorado de reforzo, nin está prevista a asistencia, por exemplo, de intérpretes de lingua de signos. Outro motivo de controversia que tamén pode relacionarse coa adaptación aos diferentes perfís de alumnado é precisamente a recomendación de impartir as aulas de lingua nas EOI íntegramente en lingua estranxeira, algo que dende o punto de vista metodolóxico tamén está cuestionado. A adaptación de facto faise realmente na realización das probas, onde sí se procura tomar medidas para garantir a accesibilidade a todo o alumnado.
Por último, cabe destacar tamén que en relación coa nosa pregunta acerca do significado do concepto de "estándar de aprendizaxe", tivemos ocasión de visualizar unha peza audiovisual sobre os estándares na materia de Tecnoloxía onde tamén se facía referencia a unha ferramenta moi interesante para xestionar as notas, peso, etc. por estándar (laforja). Asimesmo, descubrimos unha ferramenta incluso mellor (i-Doceo), presentada nun acertado vídeo titorial de Rosa Liarte, que ten o inconvinte de estar só dispoñible para persoas usuarias de dispositivos iOS (como o iPad).
En xeral, podo dicir que esta foi unha sesión tremendamente útil para a consolidación de contidos e a mobilización dos coñecementos previos. Resultoume de gran axuda realizar as actividades de "inspección", posto que me permitiron determe a reflexionar sobre a organización, presentación e contidos das programacións e sobre a dificultade de cumplir con todas as esixencias de forma, así como de comprender a necesidade de anticipar todos os elementos para facer un bo exercicio de programación didáctica en coordinación co resto do Departamento e do centro.
Por último, cabe destacar tamén que en relación coa nosa pregunta acerca do significado do concepto de "estándar de aprendizaxe", tivemos ocasión de visualizar unha peza audiovisual sobre os estándares na materia de Tecnoloxía onde tamén se facía referencia a unha ferramenta moi interesante para xestionar as notas, peso, etc. por estándar (laforja). Asimesmo, descubrimos unha ferramenta incluso mellor (i-Doceo), presentada nun acertado vídeo titorial de Rosa Liarte, que ten o inconvinte de estar só dispoñible para persoas usuarias de dispositivos iOS (como o iPad).
En xeral, podo dicir que esta foi unha sesión tremendamente útil para a consolidación de contidos e a mobilización dos coñecementos previos. Resultoume de gran axuda realizar as actividades de "inspección", posto que me permitiron determe a reflexionar sobre a organización, presentación e contidos das programacións e sobre a dificultade de cumplir con todas as esixencias de forma, así como de comprender a necesidade de anticipar todos os elementos para facer un bo exercicio de programación didáctica en coordinación co resto do Departamento e do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario