Alumna: Mª Dolores Fernandes del Pozo
As actividades empregadas para o tema 6 foron esencialmente dúas: un debate sobre o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, unha presentación da compañeira María sobre o método AICLE/CLIL, trala que se produciu un breve debate coa audiencia, e unha análise dun libro de texto empregando Google Docs de novo.
Debatir como ferramenta de aprendizaxe. Fonte: Pexels.com |
Como xa mencionamos na entrada de diario para este tema 6, para realizar o debate sobre a política plurlingüe da Xunta de Galicia comentamos o documento resumo do Consello da Xunta celebrado o pasado 1 xuño de 2017 (pp. 20-23), no que se describen os fitos previstos para o Plan EDUlingüe. Na miña opinión, o debate foi moi frucífero porque afondou nos déficits estruturais da política lingüística autonómica e obrigounos a reflexionar sobre o papel que queremos ter como docentes de lingua estranxeira. Neste sentido, penso que foi unha mágoa que non todas as persoas aportaran a súa opinión, e quizais tería sido útil facer un debate piramidal primeiro para garantir que todo o mundo tiña a oportunidade de expresar o seu parecer ao respecto. Sen embargo, pareceume moi acertado empregar un documento resumo, elaborado habitualmente polo Gabinete de prensa correspondente, porque nel adoitan aparecer destacados aqueles elementos que resultan prioritarios para a Administración que deseña unha política en cuestión. Isto facilita o debate e a análise, especialmente cando se trata dun tema novidoso.
A presentación que se fixo na aula acerca do método AICLE tamén resultou de interese, pois presentou de xeito holístico as características fundamentais da metodoloxía e ofreceu exemplos prácticos que permitiron ver mellor as posibilidades que ofrece. Penso que foi acertado que o profesor solicitase que unha persoa do público preparara alo menos unha pregunta sobre a exposición, porque isto dáballe pé á persoa que preparara o tema a afondar en aspectos que puideran ter sido abordados superficialmente no curso da presentación. Finalmente, fíxose unha actividade de análise dun libro de texto por grupos empregando a ferramenta Google Docs, como xa se fixera para os temas anteriores, na que eu lamentablemente non participei por atoparme ausente.
En esencia, malia que a impartición deste tema 6 non incluiu tantas novidades metodolóxicas no que concerne ao desenvolvemento de actividades, penso que o formato proposto, con debates e presentacións levadas a cabo polo propio alumnado (flipped learning) permitiunos adoptar un enfoque máis reflexivo sobre os contidos, forzándonos a documentarnos e argumentar axeitadamente as nosas opinións e asumindo un rol máis activo.
Ola, Doris!
ResponderEliminarComo ben dis no pequeno debate espontáneo que xurdiu entre o alumnado e dende a experiencia que vivimos, puidose comprobar como na maioría de centros educativos, as seccións bilbingües ou plurilingües non eran así na práctic. Unha das causas era a pouca formación en idiomas que tiñan os docentes doutras materias e que dun momento a outro se vían obrigados a cumprir cos diferentes plans educativos, pero que non obstante, non lles proporcioban unha formación con que levalas a cabo. Creo lembrar que no teu instituto formaras parte de esa sección bilingüe. Consideras que o resto de estudantes avanzaron no dominio das linguas estranxeiras, ou polo contrario, quedaron como estaban?
Un saúdo